A IV Festa da Carne ao Caldeiro de Salvaterra de Miño celebrarase o 26 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

26042013-11O Concello de Salvaterra de Miño festexará o vindeiro 26 de maio a IV Festa da Carne ao Caldeiro na parroquia de Fornelos da Ribeira.

O ágape terá lugar no recinto de festas “As Fraguiñas” a partires das 12.30 h. O pregón correrá a cargo de Rubén Riós ás 13.00 h.

No evento gastronómico tamén terán cabida a artesanía con postos especializados e incluso un espazo de filloas caseiras. Durante a xornada contarase coa actuación do grupo de gaitas “Charrúa” de Fornelos.

Os prezos establecidos para o xantar van dende os 2 euros da ración de empanada aos 12 euros da ración de polbo á feira (7 euros a tapa). A ración de carne ao caldeiro con pan e viño será de 8 euros.

26 de abril de 2013 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.