A III Masterclass de Aeróbic da Laracha celebrarase o sábado 20 de abril
A Concellería de Cultura e Deportes da Laracha organiza a terceira edición da Masterclass de Aeróbic que se vai desenvolver no pavillón do IES Agra de Leborís durante a tarde do sábado da semana que vén, día 20 de abril. O inicio previsto para as 16.30 horas e o evento rematará en torno ás 20.00.
Durante esta xornada deportiva haberá tempo para que todos os asistentes participen en actividades das modalidades de aeróbic latino, body combat, GAP e zumba.
O Concello da Laracha convida a asistir ao evento a todos os veciños que así o desexen, estando recomendada a participación a todas as persoas, independientemente da súa idade ou condición física. Non se require inscrición previa e a entrada ao pavillón será totalmente gratuíta.
A Masterclass de Aeróbic realízase como proposta complementaria ao programa de actividades que se desenvolven ao longo de todo o ano cun notable éxito de asistencia en disciplinas como o propio aeróbic, pilates, body tonic ou ximnasia de mantemento.
Na dúas edición anteriores da Masterclass contouse con máis dun centenar de participantes, cifra que o Concello da Laracha agarda alcanzar tamén neste ano.











