publicidade hoxe

A Fundación Gonzalo López Abente presentará o I Premio de Poesía Gonzalo López Abente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMuxía
A-
A+

A Fundación Gonzalo López Abente en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Univesitaria da Xunta de Galicia, convoca o I Premio de Poesía Gonzalo López Abente, en lingua galega.

O premio será presentado en rolda de prensa o vindeiro venres , 5 de abril, ás 11:00 h., no Salón de Plenos do Concello de Muxía. Á rolda de prensa asistirán o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, xunto co presidente da Fundación, Félix Porto , e o vicepresidente da mesma, X. H. Rivadulla Corcón.

A Fundación Gonzalo López Abente quere con este premio de poesía contribuír a dar difusión ao nome do autor muxián, ademais de contribuir á produción de obra poética en lingua galega. Con este fin asinará sendos  convenios coa Consellería de Cultura -para o cofinanciamento do premio e con Edicións Xerais de Galicia- para a publicación da obra gañadora.

4 de abril de 2013 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.