A Festa do Champiñón de Ordes repartirá máis de 7.000 fungos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes ultima detalles para acoller esta fin de semana unha nova edición da Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola Expoordes e da XXIV Degustación de champiñóns. En total participarán máis de 120 empresas, firmas comerciais, institucións e asociacións que contarán cun stand e zona de exposición propia.

Unha carpa de arredor de 2.000 metros cuadrados no Campo da Feira acollerá os stands dos participantes. Sectores como os da alimentación, automoción, construcción, moble, medioambiental, deportivo, mecánica ou textil estarán presentes un ano máis nesta cita que cada ano ve aumentar non só o número de participantes senón tamén os de visitantes. “As cifras de Expoordes poñen de manifesto a saúde coa que conta a feira. O ano pasado contabilizáronse máis de 33.000 visitantes, unha cantidade que esperamos superar nesta nova edición”, manifesta o alcalde de Ordes, Manuel Regos.

O programa arrancará o venres 26 de abril coa inauguración do recinto feiral a partir das 21 horas. A xornada estará especialmente adicada aos empresarios e autónomos do municipio. Acompañados das autoridades serán os primeiros em realizar un polo recinto feiral. Posteriormente ofrecerase un viño galego para dar paso aos discurso inaugural.

As portas volverán a abrirse ao público o sábado a partir das 10 horas nun día onde se prestará especial atención á Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e tamén á diversidade funcional. Ese mesmo día presentarase oficialmente a nova web da Mancomunidade (www.mancomunidadedeordes.org). Unha platormación referente a plaforma especialmente pensada para a promoción turística da comarca, onde o internauta poderá atopar toda a información relativa a establecementos de ocio, hospedaxes, restaurantes, así como os principais puntos de interés turístico. Por outra banda un elevadou número de asociacións e organizacións estarán presentes no recinto para amosarlle ó público todas as actividades e traballos que levan a cabo en favor dos seus socios e usuarios.

Outro dos actos previstos para esta xornada é a presentación do libro ‘Ordes, Terra de Trastámara’. Unha obra asinada por Renato Landeira e com fotografías de Pablo Quinteiro.

Máis de 7.000 quilos de champiñóns

O domingo non só será a última xornada da feira senón que tamén  é o día escollido levar a cabo a degustación gratuita de champiñóns polos establecementos da zona. Máis de 7.000 quilos repartiranse entre todos os bares e restaurantes para que, unha vez preparados según a receita de cada un, poidan ser servidos gratuitamente con cada consumición.

Como en calquera festa que se prece a música non pode faltar para acentuar o ambente festivo. Neste caso o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes e banda de Música de Ordes serán os responsables desta labor.

Frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes:

“Dende fai anos Expoordes preséntase como a mellor opción para dar a coñecer as últimas novidades e as posibilidades de negocio dos máis deversos e variados sectores. Maquinaria, automoción, electrónica, deportes, ocio, agricultura, inxeniería, alimentación, transporte, Administración, etc.”

“Sensibles coa situación dos máis desfavorecidos e necesitados esta feira multisectorial pretende faciliatar o contato entre o público e diversas asociacións de discapacitados para que den a coñecer a súa labor, os seus logros e avances e as súas necesidades”.

“Con esta cita dende o Concello de Ordes pretendemos rendirlle unha máis que merecida homenaxe aos nosos empresarios e utónomos, adicándolle unha xornada onde eles mesmos e a labor que realizan día a día son os verdadeiros protagonistas. Nos últimos anos temos a ben adicarlle unha xornada à Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, que cada vez máis supón unha realidade de tipo administrativo capaz de aunar esforzos que ofrecen solucións para moitas das problemáticas coas que se atopa a nosa comarca nestes tempos de recortes e de escased de recursos”.

“Entre outras cosas Ordes é sinónimo de celebración, diversión e de excelencias gastronómicas. De ahí que cada mes de abril os establecementos hosteleiros da vila  consideren a Degustación de champiñóns como unha excusa para apretar o lume dos seus fogóns e demostrar o bo facer de cociñeiros e cociñeiras. Unha degustación gratuita que tamén nos pon nos primeiros postos no ranking de citas gastronómicas”.

24 de abril de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.