A federación convoca ás karatekas Nerea Bellido e Ana Belén Lobato no proxecto Mundial 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalTeo
A-
A+

A Concellaría de Deportes, dirixida por Anxo Rei, felicita no nome do Concello unha vez máis ó Club San Francisco Teo polos seus éxitos deportivos. Nesta ocasión a Federación Española de Kárate vén de convocar a dúas deportistas do club, Nerea Bellido e Ana Belén Lobato, para participar en concentracións preparatorias do proxecto Mundial 2013. En novembro en Guadalajara celébrase o Campionato do mundo cadete-junior sub 21.

Aínda que esta convocatoria aínda non é unha selección para participar na competición sen dúbida é un paso máis na carreira destas deportistas. Nerea Bellido acadou recentemente un bronce en kumite femenino 68 kg. no Campionato Español absoluto. O seu adestrador explicaba que na mente de Nerea está o mundial. Esta deportista tamén está preseleccionada para o europeo.

Dende o Concello quérese destacar o traballo do Club San Francisco que dende a base está acadando grandes logros deportivos. Está previsto realizar en colaboración con eles unhas xornadas de tecnificación como un xeito de apoiar todo ese esforzo e colaborar na mellora dos resultados.

 

30 de abril de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.