publicidade hoxe

A exposición fotográfica “De minimis” chega ao Concello de Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalRianxo
A-
A+

09042013-19O Concello de Rianxo inaugurará a exposición  De minimis da fotógrafa Marga Piñeiro Díaz o vindeiro venres 12 de abril no Centro Sociocultural-Auditorio. A mostra permanecerá aberta ata o 27 de abril.

De minimis é una colección de máis de 200 imaxes, aínda que na mostra de Rianxo se amosarán 45, que veñen sendo froito do traballo de Marga Piñeiro Díaz  nos últimos sete anos en que pretende un estudo a fondo da fotografía en branco e negro e da macrofotografía sobre elementos habituais da vida cotiá.

Tratando de  dar renda solta á creatividade, non pretende un traballo improvisado, busca plasmar pequeñas historias que é quen de visualizar denantes de compoñelas. Considérase entón una traballadora da creatividade e atopa as súas fontes de inspiración constante en autores conceptuales  como Chema Madoz, Ouka Leele, Misha Gordin ou Tommy Ingberg.

En palabras da autora, a mostra que se inaugurará responde a:

“Supoño que isto que me pasa non é máis que tentar buscarlle un cauce a esa tolemia que me anda a rondar a tódalas horas a cabeza, e lévame a imaxinar e querer plasmar dalgunha maneira historias feitas de pequenos retais da vida, recordos, vivencias, soños…

O obxecto de que queira amosar o que fago é para saberme quen de transmitir algo; contaxiar algunha inquedanza, comunicar unha pequena mensaxe ou un sentimento.

E facer, en definitiva, que o pequeno non pase desapercibido e mereza uns segundos da vosa atención.

Con iso síntome máis que satisfeita”

9 de abril de 2013 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.