A exposición “Descubre as Cooperativas” na Oficina de Fomento de Xinzo de Limia
A exposición “Descubre Cooperativas” permanecerá abertadende o día 9 de abril ata o 12, na Sala de Exposicións da Casa de Cultura en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00. Esta actividadeintégrasena Rede Eusumo, a rede de cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos que contacoapoio do Fondo Social Europeo.
En Xinzo de Limia contamos coa axente Rosa María Ferreiro Campelo, artífice da organización e posta en marcha de esta exposición.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, Trae ata a Oficina de Fomento de Xinzo de Limia, a exposición “Descubre as cooperativas”, que estará o longo desta semana. Esta actividade integrada na Rede Eusumo, e coapoio do Fondo Social Europeo, forma parte da estratexia de cooperación que une a diferentes axentes públicos e asociativos, e que ten como obxetivo fomentar o cooperativismo e a economía social como fórmula de xeración de emprego.
A exposición presenta as vantaxes das cooperativas como modelo empresarial de manter e crear empregosna actual situación de crise económica. Os visitantes poderáncoñecer que son as cooperativas, que tipos de cooperativas hai, como funcionan, que valores defenden, e os pasos que seguir e os apoios existentes para impulsar o emprendemento cooperativo.