A exposición de Xulio Prieto levantarase para restaurar as obras e a sala na que se atopan
A partir de hoxe o terceiro andar do Museo Municipal, a Sala Prieto Nespereira, será obxecto dunha actuación para levar a cabo funcións de mantemento e restauración das obras que alí se expoñen. Ésta é a primeira vez que se vai realizar unha intervención deste tipo desde que fai nove anos fora a súa inauguración.
Esta Sala Prieto Nespereira está adicada ao célebre gravador ourensán, e nela se alberga unha mostra que suma un total de 54 obras, de carácter inédito, que permiten gozar de debuxos óleos, acuarelas, tintas, gouache, etc.
Nalgúns casos representan bosquexos de ilustracións para as recordadas revistas Branco e Negro e A Billarda, editadas a principios do século pasado tamén bosquexos do seu estudo con compañeiros e personaxes ilustres da época e caricaturas como a do seu amigo Vicente Risco.
O levantamento prodúcese tras nove anos de exposición permanente, e será para o acondicionamento e restauración de cada peza. Desta forma, profesionais aproveitarán para a recuperación da tensión das obras – xa que ao ser de papel, durante estes anos foron adquirindo rugosidades -, e tamén para a rehabilitación da Sala.
Esperando poder gozar novamente da exposición no período máis breve posible, durante este tempo, o terceiro andar do Museo – Sala Prieto Nespereira – albergará a XXIV campaña de Animación á Lectura da Concellería de Educación, que atraerá ao Museo Municipal a máis de cen nenos diarios baixo o título Ollando aos Nosos Artistas.











