A Eurocidade Chaves – Verín participa no ciclo de conferencia do 25 aniversario da Fegamp

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, participa mañá co relatorio “Eurocidade Chaves-Verín, modelo de cooperación transfronteiriza intelixente” na mesa redonda ‘Eurocidades e Smart Cities: ¿modelos de futuro? ‘, enmarcada dentro do ciclo de conferencias 25 anos de municipalismo:pasado, presente e futuro da administración local da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Neste relatorio o alcalde abordará o pasado, presente e futuro deste proxecto de cooperación transfronteriza, así como os logros e retos de futuro deste  territorio innovador a nivel ibérico, no que en menos de cinco anos de funcionamento xa se afianzou como un laboratorio de eurocidadanía, polo que se aposta desde a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e Europa para desenvolver un proxecto que representa todo un exemplo de integración cidadá a todos os niveis. 

Na mesa redonda, que estará moderada por José Antonio Pérez, subdirector de El Correo Gallego, tamén participará o alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, concelleiro de Novas Tecnoloxías de Málaga, Mario Cortés, e subdirector de innovación e e-Business de Correos, Jordi Escruela Soldevila.

O ciclo de conferencias 25 anos de municipalismo:pasado, presente e futuro da administración local da Fegamp abordaranse distintos asuntos de peso para a administración local como a reforma da lei de bases. Durante as dúas xornadas que dura este ciclo participarán o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Íñigo de la Serna, o presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela, o profesor italiano de Dereito Público Antonello Tarzia, secretario xeral da FEMP, Ángel Fernández; director xeral de Administración local, Norberto Uzal; e os presidentes da Deputación da Coruña, Diego Calvo; e os seus homólogos na Deputación de León, Isabel Carrasco; e de Huelva, Ignacio Caraballo.

26 de abril de 2013 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.