A Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta o evento “Trazos nas Táboas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVigo
A-
A+

A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar durante a vindeira fin de semana o evento “Trazos nas Táboas”, consistente na representación de pezas breves de micro-teatro.Esta actividade nace coa intención de incentivar, potenciar e promover a creatividade na nosa comunidade educativa, así como de dar a coñecer á cidade a existencia e actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro (EMT).

As representacións levaranse a cabo os seguintes días e horas, nas instalacións da escola, sitas na Avenida de Castelao nº 87 (interior):

*Venres 19 de abril: de 20:00 a 22:00 horas “OPUS C 13:4-13”, “O ESPECTÁCULO”, “0 FASES”, “FILOSOFÍA EN MANDIL”

*Sábado 20 de abril: de 20:00 a 22:00 horas “OPUS C 13:4-13”, “O ESPECTÁCULO”, “ALÁ NO FONDO…”, “FILOSOFÍA EN MANDIL”

*Domingo 21 de abril: de 19:00 a 21:00 horas “O ESPECTÁCULO”, “0 FASES”, “ALÁ NO FONDO…”, “FILOSOFÍA EN MANDIL”

Para poder asistir a estas representacións pódense recoller as invitacións na oficina da EMT, a partir do día 15 de abril en horario de 17:00 a 20:00 horas ou media hora antes o día do espectáculo. Pódense tamén reservar no teléfono 986485324 e mediante correo electrónico, no enderezo electrónico em.teatro@vigo.org.

18 de abril de 2013 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.