publicidade hoxe

A Escola de Música Municipal de Catoira actúa este sábado en Merza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocalVila de Cruces
A-
A+

O alumnado da Escola de Música Municipal de Catoira desprázase o sábado 27 de abril ó concello de Vila de Cruces para participar no Festival de Bandas Xuvenís que se organiza con motivo do 185 aniversario da fundación da Banda Artística de Merza, decana das bandas populares de Galicia.

Ademais da banda anfitrioa e a Escola de Catoira, tamén participan neste certame as escolas de música Adagio-Cantábile da Coruña e a municipal de Oleiros.

A EMM de Catoira ten previsto participar tamén nun festival de bandas que se celebrará en Silleda o domingo 12 de maio.

25 de abril de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.