A Domus da Coruña acolle o foro de debate “Medicamentos de orixe mariña”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura, informa de que mañá, xoves 11 de abril, ás 19.30 horas, terá lugar na Domus o segundo evento enmarcado nos foros de debate do proxecto europeo Sexa for Society, que en España lidera o Aquarium Finisterrae.

Nesta ocasión o debate estará protagonizado pola empresa PharmaMar, representada polo doutor Fernando de la Calle, que falará sobre Medicamentos de orixe mariña. Na súa charla analizará os aspectos científicos da produción de fármacos de orixe mariña, poñendo especial énfase nos puntos críticos desta actividade, como son as dificultades de desenvolvemento de moléculas activas ata fármacos o problema da subministración en grandes cantidades de substancias activas de orixe mariña, ou o feito de que tan só unha pequena fracción da biodiversidade mariñar existente pode ser cultivada, polo que xorde a necesidade de desenvolver e aplicar biotecnoloxía innovadora.

Tamén falará de determinados aspectos de natureza práctica e legal, como as oportunidades de financiamento da actividade de I+D+i; a relación entre a universidade e a industria, en especial no que se refire ao conflito entre a publicación dos resultados científicos e os dereitos industriais de explotación de fármacos; ou a ausencia dunha normativa clara en materia de lexislación, dereitos e deberes en uso de recursos xenéticos mariños.

Tras a presentación do tema terá lugar un debate no que desempeñarán un papel esencial os mozos colaboradores, estudantes universitarios seleccionados para participar no proxecto. A entrada é libre e gratuíta.

10 de abril de 2013 | 16:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.