A Diocese de Ourense reúne 800 escolares no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Carballiño
A-
A+
Juan González, Pilar Caride, Josefa Ledo,  Argimiro Marnotes , Francisco Prieto e o párroco

Organizadores do evento

O alcalde do Carballiño compartiu a xornada do sábado con 800 escolares de toda a diocese de Ourense, que acudiron á vila do arenteiro. Dende as 11:00 horas as rúas do Carballiño víronse invadidas pola alegría destes mozos, dos cales máis de 100 eran da propia vila, asistindo a unha eucaristía na igrexa da Veracruz, xogando no Parque Municipal, e coñecendo máis a relixión católica no auditorio da vila.

A organización desta xornada correu a cargo da diocese ourensana, contando coa colaboración do concello en todo o que puidese achegar. O alcalde, que compartiu bocadillo con todos os mozos, comentaba que dá gusto ver o noso parque municipal cheo de xente nova, de nenos, xogando e gozando desta paraxe natural”.

22 de abril de 2013 | 10:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.