A Deputación renova as marcas viarias nas avenidas de Caión e DR. López Astray

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA LarachaLocalProvincias
A-
A+
Inicio das obras

Inicio das obras

A Deputación Provincial da Coruña iniciou hoxe os traballos referidos á renovación das marcas viarias nas céntricas avenidas de Caión e Dr. López Astray, dúas das principais vías que vertebran as comunicacións desde o casco urbano da capital municipal da Laracha.

Os traballos contemplan o remarcado de todos os pasos para peóns, as áreas de estacionamento de vehículos, a parada dos taxis situada fronte á Praza do Concello e o resto das marcas viarias ao longo de ambas avenidas.

Estas actuacións, que a Deputación acomete agora que as condicións climatolóxicas son favorables, foron solicitadas polo Concello da Laracha despois de que recentemente fose renovada a pavimentación da superficie de rodadura dos vehículos nestas rúas.

24 de abril de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.