publicidade hoxe

A Deputación de Lugo organiza cursos de adestramento de cans Border Collie

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoLocalLugoProvincias
A-
A+
Border Collie

Border Collie

A Deputación de Lugo volve convocar unha nova edición do curso de adestramento de cans da raza Border Collie para tarefas de pastoreo, motivado pola gran demanda e éxito que acadaron as dúas edicións celebradas en Cospeito e A Fonsagrada o pasado ano e nas que máis de 20 gandeiros da provincia acudiron cos seus cans para recibir formación específica en pastoreo, algo que debe comezar, segundo os expertos, entre os 5 e os 10 meses de idade do can.

A raza Border Collie está especialmente indicada para o pastoreo de gando, polas súas peculiaridades aptitudes xenéticas que facilitan enormemente o traballo de gandeiros, permitindo que un pastor acompañado dun só can poida dirixir rabaños de ata 700 animais. Na provincia de Lugo, aproximadamente un 25% dos gandeiros conta con cans desta raza para labores específicas de condución do gando.

Nesta ocasión, é ante o gran número de peticións recibidas, está organizada unha dobre convocatoria que se celebrará en Cospeito os días 13 e 14 de abril. Cada un destes días serán 10 os gandeiros que tomarán parte neste curso de carácter eminentemente práctico e que se desenvolverá de 9:30 a 13:30 horas pola mañá e de 15:00 a 19:00 horas pola tarde. Tamén se proxectarán vídeos explicativos das diferentes técnicas empregadas polos expertos para pastorear con esta raza de cans segundo as características o terreo, dos animais do rabaño ou ben do propio can. Os participantes recibirán copias dos mesmos para completar os coñecementos recibidos.

O encargado de impartir este curso será novamente o experto navarro Alejandro Ibarra Artus. Os interesados poden obter máis información no teléfono 660 541 534 ou en victordagrelo@hotmail.com

10 de abril de 2013 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.