A Deputación da Coruña reanuda as obras na senda peonil a Cheda-Gabenlle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA LarachaLocalProvincias
A-
A+

A Deputación Provincial da Coruña reanudou as obras contempladas no proxecto de creación da senda peonil que une os lugares de A Cheda (xunto a Avenida Doctor López Astray) e Gabenlle, coa que se conectará o casco urbano da Laracha coa área recreativa e o paseo fluvial do río Anllóns, ademais de dar servizo á totalidade das vivendas situadas en ambos núcleos de poboación.

As condicións climatolóxicas adversas provocaron o retraso nas obras durante os últimos meses, dado que a constante choiva impedía a realización das labores de pavimentación que se van acometer nos próximos días.

Na primeira fase de execución realizáronse as tarefas de construción das escolleras e a delimitación do espazo que ocupará a senda peonil, que ten unha lonxitude aproximada de 900 metros e reforzará, en gran medida, a seguridade viaria nesta zona de constante tránsito rodado. O proxecto inclúe, ademais, a da rede de recollida de augas pluviais e as canalizacións subterráneas das redes de iluminación pública e de telefonía.

A actuación completarase coa sinalización horizontal e vertical e a colocación de elementos de seguridade en determinados tramos.

A creación da senda peonil A Cheda-Gabenlle é un proxecto valorado en 238.000 euros que, trala solicitude por parte do Concello da Laracha, promove e financia integramente a Deputación Provincial da Coruña como titular desta vía (CP-1913).

22 de abril de 2013 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.