A Deputación da Coruña achegará 40.000 euros ás obras de mellora no Miradoiro do Ézaro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaProvincias
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou un novo acordo co alcalde do Concello de Dumbría, José Manuel Pequeño, no que se formaliza a achega provincial para as obras do camiño de San Crimenzo ao cruce de Santa Uxía no Miradoiro do Ézaro.

Con estas actuacións, mellorarase a capa de rodadura e sinalizarase o cruce de Santa Uxía co pintado de pasos de peóns e illas, así como sinais verticais. A achega provincial para este fin será de 40.000 euros, que supón un 74,57% do total de 53.641,32 €.

O alcalde do municipio recordou que, ademais de ser unha obra importante pola mellora da accesibilidade, o é máis porque este camiño será paso de La Vuelta ciclista este verán “co que supón ter de novo o Miradoiro do Ézaro na boca de todo o mundo”.

Con respecto á repercusión do evento deportivo no Concello de Dumbría na anterior edición, Pequeño salientou que “só hai que ver as cifras da pasada Semana Santa para ver o efecto positivo que tivo este certame”.

8 de abril de 2013 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.