A Coruña arranca “Os Xoves na Sagrada” cun concerto de Pardo&Tinaquero
A Concellaría de Cultura informa do comezo dunha nova tempada Dos xoves na Sagrada, o ciclo de música entre libros que se desenvolve na Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Pardo&Tinaquero serán os encargados de abrir esta edición, cun concerto mañá, 25 de abril, ás 20.00 horas.
Néstor Pardo (voz e guitarra) e Luis Tinaquero (guitarra resonadora) son dous músicos coruñeses cunha longa traxectoria en diferentes bandas (Allnight Workers, Miki Nervio & The Bluesmakers e Carlos Childe Truppe) que se uniron para formar este dúo acústico. Ragtime, blues, country, folk e swing forman parte do seu repertorio. O ciclo Os Xoves na Sagrada continuará nesta tempada coa actuación de Qando Vand o próximo 9 de maio e The Lákazans, o 23 de maio. A entrada ao concerto de Pardo&Tinaquero é libre ata completar aforamento.











