A Coruña aproba o próximo luns o Estudo de Detalle do Parque Ofimático
O Tenente de Alcalde de Medio, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, anunciou, esta mañá, que o Concello, no pleno do próximo luns, aprobará de forma definitiva o Estudo de Detalle para o reaxuste de rasantes dos viarios no ámbito do sector 10 do Parque Ofimático. “Este Estudo de Detalle unha vez que estea aprobado permitiranos continuar sen non ter que paralas as obras e conceder as primeiras licenzas aos cooperativistas”, destacou Fernández Prado.
Fernández Prado informa de que o reaxuste se levou a cabo tomando en consideración as cotas das rasantes oficiais establecidas polo Plan Parcial, aprobado definitivamente o 2 de maio de 2007. Neste sentido, destacou, ademais, que o Estudo de Detalle non ten capacidade normativa para alterar o destino urbanístico do chan, o que implica que non pode modificar os usos, topoloxías, edificabilidade, nin demais condicións das parcelas lucrativas”. “É dicir, o Estudo de Detalle só se refire ao reaxuste das rasantes dos viarios públicos. Calquera outra actuación deberá cinguirse” ao disposto” “no Plan Parcial do Sector 10 do Parque Ofimático, aprobado de forma definitiva en maio de 2007,” subliñou Fernández Prado.
O responsable da Área de Urbanismo destacou que con este estudo o Concello pretende alcanzar os seguintes obxectivos:
– Incluír os acordos verticais dos que carecían os viarios do Plan Parcial.
– Corrixir os erros de cotas do Plan Parcial.
– Evitar tramos con pendentes de 0% e de 0,2%.
– Adaptación ao terreo.
A aprobación do Estudo de Detalle para o reaxuste das rasantes dos viarios no ámbito do S-10 é un paso máis no compromiso adquirido polo novo equipo de Goberno municipal para avanzar nos traballos do futuro polígono residencial. Froito desta vontade, o Concello, en pouco máis de ano e medio, alcanzou os obxectivos marcados ao chegar a María Pita para garantir a máxima seguridade xurídica e, polo tanto, para evitar problemas á hora de realizar as obras: ingresáronse as cotas de urbanización, chegouse a acordos coas familias para o seu desaloxo, e tamén se levou a cabo o realoxar das familias que tiñan dereito.
O Concello, a través da Concellaría de Urbanismo que dirixe Fernández Prado, mantivo un contacto permanente con todas as partes implicadas no proxecto, apostou polo diálogo e informou a todos os afectados de cada un dos pasos que levou a cabo o Executivo municipal. Nestes momentos, as obras encóntranse na súa fase de movemento de terras co que se pretende alcanzar a cota de urbanización.
O Estudo de Detalle inclúe os informes sectoriais do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e da Dirección Xeral de Aviación Civil; e as 8 alegacións presentadas, das cales se estimaron 4.











