A Coruña acolle a terceira edición do “Torneo Benéfico FEGEREC”
A Asociación de Fútbol Afeccionado Da coruña (A.F.A.C.) e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) organizan a terceira edición do “Torneo Benéfico FEGEREC”. O devandito evento celebrarase no campo de fútbol municipal Víctor Fernández Alonso (Leyma) o mércores, día 1 de maio dende as 09.00 horas e ata as 19.00 horas, nas categorías de fútbol 8 Prebenxamín e Biberón.
O presente ano 2013 foi declarado Ano Español das Enfermidades Raras, un motivo máis para reafirmar a colaboración que a AFAC mantén dende hai algúns anos coa devandita Federación. Coa organización deste evento preténdese, ademais de concienciar e mostrar a nosa solidariedade con este colectivo, recadar fondos que axuden a paliar as súas necesidades.
Os clubs participantes en categoría Prebenxamín son: Ural CF, Imperátor OAR, Atlético Los Castros, Sporting Coruñés, Escolas Luis Calvo, CD Dorneda, Atlético San Pedro, Galicia de Caranza, Victoria CF, Orillamar SD, SCD San Cristóbal, CD Calasanz, Once Cabaleiros CF, Sporting Cambre, Rápido de Neda e SD Perlí; mentres que en categoría Biberón ou de Iniciación particpan; SCD San Cristóbal, Victoria CF, Ural CF, Orzán SD, Orillamar SD, Sporting Coruñés, Escolas Luis Calvo e Imperátor OAR.
A cerimonia de clausura e entrega de trofeos terá lugar ás 19.30 horas no campo de Leyma.











