A Concellería de Voluntariado ofrece 6 novos cursos de formación para abril e maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación de seis novos cursos que a Concellería de Voluntariado convoca para todos aqueles voluntarios e voluntarias interesados. Trátase dos cursos: iniciación ao voluntariado, formación en inmigración, apoio na organización de eventos culturais e deportivos, ferramentas para o acompañamento de persoas maiores, lingua de signos e voluntario en información turística e termal.

Os seis cursos están principalmente dirixidos tanto a personas xa inscritas como voluntarias recentemente, como a persoas sen formación que se incorporen nos programas municipais de voluntariado, ou entidades de acción voluntaria da cidade, así como persoas con formación básica de voluntariado. En total, ofrécense 132 prazas, cuxo prazo de inscrición varía en función do curso. Todos eles son gratuítos e se desenvolverán na rúa do Ensino nº 24.

Todos aqueles interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición nas dependencias da Concellería de Voluntariado (ubicadas na Praza de San Martiño, nº 2, 2º), na páxina web do Concello www.ourense.es, na páxina web da  Concellería de Voluntariado www.ourensevoluntario.org, ou na Oficina de Atención ao Cidadán, en quenda de tarde.

Programa de cursos:

Iniciación ao Voluntariado:

Persoas destinatarias: persoas inscritas como voluntarias recentemente ou sen formación neste ámbito,que se vaian incorporar nos programas municipais de voluntariado ou nas entidades de acción voluntaria da cidade.

Duración: 6 horas

Datas: 17 e 18 de abril

Horario: 18:00 a 21:00 horas

Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24 (Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade

N.º Prazas: 22

Resume de contidos:

Introdución ao voluntariado

Sentido e valores da acción voluntaria

As entidades de acción voluntaria

Voluntari@: Motivacións e perfís

Dereitos e Deberes do voluntariado

O Compromiso de Voluntariado

Accións de voluntariado no Concello de Ourense

Data límite de inscrición: 12 de abril

Formación en inmigración

Persoas destinatarias: persoas voluntarias que xa realizaron ou teñen formación básica en

voluntariado, con interese por ampliar os coñecementos nesta materia.

Duración: 9 horas

Datas: 23,24 e 25 de abril

Horario: 18:00 h a 21:00 h

Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade

N.º Prazas: 22

Resume de contidos:

Aproximación ao fenómeno das migracións

Lexislación básica en materia de estranxeiría e asilo.

Estereotipos e prexuízos.

Recursos sociais para o colectivo inmigrante.

Características e habilidades do voluntariado.

Comunicación intercultural

Data límite de inscrición: 19 de abril

Apoio na organización de eventos culturais e deportivos

Persoas destinatarias: persoas voluntarias que xa realizaron ou teñen formación básica en

voluntariado, con interese por ampliar os coñecementos nesta materia.

Duración: 9 horas

Datas: 7,8 e 9 de maio

Horario: 18:00 h a 21:00 h

Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade

N.º Prazas: 22

Resume de contidos:

Normativa de tráfico

Traballo en equipo

Comunicación e Resolución de conflitos

Simulacións e prácticas

Data límite de inscrición: 3 de maio

Ferramentas para o acompañamento de persoas maiores

Persoas destinatarias: persoas voluntarias que xa realizaron ou teñen formación básica en

voluntariado, con interese por ampliar os coñecementos nesta materia.

Duración: 9 horas

Datas: 13, 14 e 15 de maio

Horario: 18:00 h a 21:00 h

Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade

N.º Prazas: 22

Resumo de contidos:

Habilidades sociais para o traballo con persoas maiores

Dinámicas de traballo

Técnicas de comunicación e resolución de conflitos

Prácticas e simulacións

Data límite de inscrición: 9 de maio

LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA para persoas voluntarias II

Persoas destinatarias: persoas inscritas como voluntarias recentemente ou sen formación neste ámbito, que se vaian incorporar nos programas municipais de voluntariado ou nas entidades de acción voluntaria da cidade.

Duración: 24 horas

Datas: 20,21,22,23,27,28,29 e 30 de maio

Horario: 18:00 a 21:00 horas

Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade

N.º Prazas: 22

Resume de contidos:

Desenvolverse sen dificultade en intercambios sociais:

Manter unha conversa sinxela sobre temas de actualidade.

Expoñer, argumentar, facer suxestións e peticións,

Expresar desexos, dúbidas…

Data límite de inscrición: 16 de maio

Voluntario en información turística e termal

Persoas destinatarias: persoas voluntarias que xa realizaron ou teñen formación básica en

voluntariado, con interese por ampliar os coñecementos nesta materia.

Duración: 9 horas

Datas: 4, 5 e 6 de xuño

Horario: 18:00 h a 21:00 h

Lugar de realización: Rúa do Ensino n.º24(Barrio do Couto) – Locais da Concellería de Igualdade

N.º Prazas: 22

Resume de contidos

Recursos turísticos e produto turístico

Coñecemento da cidade

Recursos turísticos e termais

O papel de voluntario na promoción turística

Habilidades e ferramentas de traballo

Data Límite inscrición: 30 de maio

10 de abril de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.