A Concelleira de Deportes visitou os vestiarios da Casa do Deporte e do Estadio da Malata

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+
Susana Martínez nas instalacións deportivas

Susana Martínez nas instalacións deportivas

A Concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, visitou as dúas actuacións de mellora de equipamentos deportivos da cidade que puxo en marcha no pasado ano. As obras realizadas pola empresa Proyecta S.L constaron dos novos vestiarios da Casa do Deporte, situada no barrio de Caranza, e do acondicionamento dun local no estadio municipal da Malata para o club de kayak polo.

O proxecto levado a cabo nas instalacións da Casa do Deporte consistiu na construción de catro vestiarios -masculinos e femininos- e outro máis para árbitros e mestres. Ademais, a intervención incluíu un pequeno almacén e un espazo de control e recepción, xunto cunha cuberta cun gran beirado que resolve a comunicación entre os vestiarios e o polideportivo contiguo. En total, a superficie construída ascende a 174,95 metros cadrados.

No que atinxe á outra intervención, o local do club de kayak polo no estadio municipal da Malata ocupa unha superficie total de 300,97 metros cadrados, distribuídos en planta baixa e alta. A dotación situase no extremo noroeste do complexo, e contén a reforma dun local existente nunha soa planta que anteriormente estaba destinado a almacén de kayaks e vestiarios. O proxecto mantivo a posición dos vestiarios e almacén en planta baixa o que incrementou notablemente a superficie de almacenaxe, que ocupa agora 108,13 metros cadrados. Ademais, a reforma dignificou os vestiarios existentes e incorporou unha entreplanta para unha oficina e un ximnasio. A nova distribución sitúa o local de almacenaxe nos soportais do estadio da Malata, mentres que os vestiarios, a oficina e o ximnasio son locais acondicionados e independentes.

4 de abril de 2013 | 17:26 • 1 comentario

Só temos 1 comentario, anímate a opinar

» Comentarios RSS Feed
  1. A foto queda moi ben, mentras autonomos e pymes subcontratados estan esperando ata xullo de 2013, o vencimento de pagarés, e agora chegalles que están en preconcurso de acreedores. O millor e que o Concello de Cambre acaballes de adxudicar unha obra de 300.000€.Vergonza, indignación, que cos nosos impostos estén afundindo a estas pymes, que pagan relixiosamente as suas obrigas.Onde estan os certificados de solvencia esixidos?,cantos empregados teñen para facer estas obras?.Eles cobran de concellos, diputacios etc(os seus princiapis clientes),… impotencia,, espero que as subcontratas actuais sallan millor paradas