A Concellaría de Veciñanza inicia unha serie de charlas de prevención dirixida aos maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

Baixo o título xenérico de Plan Maior Seguridade, a área de Veciñanza que dirixe a edil Piar Caride, en estreita colaboración coa Garda Civil, poñen en marcha unha serie de charlas no rural carballiñés destinadas a informar os veciños, principalmente persoas maiores, das medidas de seguridade máis inmediatas que deben adoptar en distintos casos. Serán os axentes da Garda Civil os encargados de impartir estas charlas que comezarán este xoves no centro social de Santa Uxía de Lobás.

Durante as charlas os axentes adoitan informar os asistentes de como evitar roubos, deixando sempre as portas pechadas cando saian das súas vivendas, algo que habitualmente non se fai no rural, ou como detectar se están a ser vítimas dalgún engano a través se falsos comerciais ou expertos neste tipo de accións delituosas.

Acompañando a charla adoitan proxectarse videos informativos de todos estes temas. Tal e como sinalaban dende a concellaría de Vecindad, é moi importante ofrecer este tipo de información aos veciños do rural, na súa maioría xente maior que en moitos casos son moi confiados, e non ven os perigos que poden carrexar accións tan cotiás como o dicir en lugares públicos o diñeiro que poden ter na casa, ou deixar a porta sen pechar con chave.

Estas charlas repetiranse por todas as parroquias do Carballiño ao longo destes meses.

3 de abril de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.