A concellaría de cultura traballa na organización da cuarta edición da Feira Mariñeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O paseo marítimo de Ares acollerá un ano máis, e xa sumarán catro, a Feira Mariñeira; unha iniciativa que promove a Concellaría de Cultura que dirixe o edil socialista Eugenio Fernández Lago e que xa está en fase de organización.

De feito, a administración local xa ten decidido o calendario no que se desenvolverán as actividades e que será nas xornadas de 23, 24 e 25 de agosto. Polo tanto, dende o Concello faise un chamamento aos participantes doutros anos e outros novos para que leven a cabo a tramitación necesaria de cara a reservar espazo para a instalación de postos. Deste xeito, o equipo de goberno trata de evitar que ningún artesá, hostaleiro, etc. quede sen espazo para instalar o seu posto durante esta feira, que atrae a centos de visitantes durante a súa celebración.

Os interesados, poden dirixirse ao departamento de Cultura do Concello no seu horario habitual de apertura, ou ben chamar por teléfono á persoa encargada da organización do evento, Anxo Fernández (639775469).

11 de abril de 2013 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.