A Comunidade de Regantes e o alcalde de Monforte convocan a unha reunión sobre o futuro do regadío
A Xunta de Goberno da Comunidade de Regantes e o alcalde de Monforte convocan ós pedáneos das parroquias con regadío, ós usuarios/as, e ós propietarios/as de terras na zona do regadío no concello de Monforte, a unha reunión que se celebrará o venres día 19 de abril, ás catro da tarde, no salón de actos da cooperativa Lemos.











