A Casa das Palmeiras acollerá a exposición Camiño de Santiago de Francisco Pérez Alonso
O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, inaugurará inaugurará o próximo martes, 2 de abril, a exposición “Camiño de Santiago” na Casa das Palmeiras. Será unha cita aberta ao público que comezará ás 20 horas. Trátase dunha mostra de pintura do pintor e escultor Francisco Pérez Alonso que permanecerá en Neda ata o vindeiro día 15. Unha exposición inspirada nas pinturas realizadas polo autor natural de Toro (Zamora) con motivo da súa peregrinaxe á capital da rexión dende a súa cidade de adopción a través do ca-da vez máis concorrido Camiño Inglés realizado en agosto de 2012.
Na soiedade da súa peregrinaxe, o autor quere facer reflexionar ao público por medio dunha serie de láminas ao pastel en torno ás fermosas construccións e paraxes que existen e que poden disfrutarse neste camiño co fin de devolverlles a súa importancia, feito a menudo pa-sado por alto simplemente pola súa cercanía.
O horario de visita é de 19 a 21 horas de luns a venres e de 12 a 14 horas sábados e domin-gos.











