A brigada municipal continúa coas labores de mantemento nas estradas alaricanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal
A-
A+

O Concello de Allariz impulsará, durante este ano, un programa de mantemento da rede viaria municipal, dando continuidade, así, as labores realizadas no inverno. O obxectivo é atender e mellorar o estado das estradas, así como levar a cabo o desbroce e limpeza de cunetas, ademais do asfaltado naqueles tramos qeu estean máis deteriorados.

A brigada municipal xa se encargou de tramos localizados na Cal, Estrada de Santa Mariña, Seoane, rodicio, a Torre ou Coedo. Nesta segunda fase trasladaranse a Turzás, Outeiro de Torneiros ata Guimarás e Airavella, para continuar coas labores de mantemento.

O Concello de Allariz está realizan do un esforzo económico importante para “que todos os núcleos poboacións, son 92, gocen do bo estado na súa rede viaria”

24 de abril de 2013 | 15:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.