A Biblioteca saíu ao aire libre e instalouse na Praza dos Campos polo Día do Libro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal
A-
A+
Saída da biblioteca á rúa

Saída da biblioteca á rúa

A praza dos Campos converteuse durante todo o día nunha Biblioteca ao aire libre. A Concellería de Cultura puxo en marcha esta orixinal iniciativa para celebrar o Día do Libro e, deste xeito, fomentar a lectura como unha actividade moi beneficiosa para o desenvolvemento intelectual. Pero, ao mesmo tempo, o Concello aproveitou esta data para facer visible a Biblioteca como servizo público que se ofrece durante todo o ano nas vilas de Cervo e San Ciprián.

Ao longo desta xornada, a Biblioteca na rúa ofreceu varias zonas de consulta e lectura, diferenciando por idades e creando varios ambientes; así como os servizos de alta de socio e de préstamo de libros. Xa pola tarde, os nenos e nenas participaron en actividades específicas para eles con obradoiros creativos. “La jornada de hoy es muy importante, porque por un día la sociedad pone el foco de interés en la lectura” explica a edil de Cultura, Begoña Alonso.

Por iso, xunto á Biblioteca ao exterior, as librerías de San Ciprián puxeron á venda libros de ocasión e a prezos especiais. Ao mesmo tempo, Alonso engade que “desde el Concello queremos ir más allá de una actividad puntual para potenciar la lectura todo el año, por eso invitamos a todos los cervenses a acudir a la Biblioteca Municipal y a consumir libros en general”.

23 de abril de 2013 | 15:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.