A Biblioteca municipal do Carballiño inicia un ciclo de actividades para os máis pequenos
A área de Cultura do concello do Carballiño segue apostando pola dinamizaciòn da Biblioteca Municipal, e sobre todo por achegar este espazo ludico-cultural, aos máis pequenos da vila. Por iso realizou unha programación que se desenvolverá durante o presente mes de abril, que comeza este martes coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil.
A programación seguirá coas seguintes citas:
– Día 22 de abril (luns): É un libro… electrónico. Nesta actividade os nenos que asistan poderán aprender a usar un libro electrónico, e veran as diferenzas entre estes e os tradicionais libros de papel. Ademais iniciarase o préstamo das tres unidades de libros electrónicos dos que dispoñen na Biblioteca.
– Día 23 de abril (martes): Día do libro
* Obradoiro para nenos e nenas na biblioteca: Un libro, unha flor.Los nenos aprenderán a facer marcapáxinas con papeis de xornal e con forma de flor.
* Regalo dun libro aos nenos/ás participantes
* Cuentacuentos
– Días 24,25 e 26: Cuentacuentos de Morgama e Artur (Cía de Teatro Os Quinquilláns) e outras actividades na Biblioteca, todas dirixidas a apostar polo crecemento da biblioteca en todas as súas seccións.
Durante o mes de abril regalásense camisetas do Fomento Lectura – Maria Moliner aos adultos que se fagan socios ou renoven o carné e un libro para os pequenos.
Cabe recordar que dende hai un mes tamén está aberto o espazo de lectura para nenos no Centro de Saúde do Carballiño, para entrenerse durante o tempo de espera antes da visita médica.











