publicidade hoxe

A Biblioteca Municipal de Catoira conmemora o 25 aniversario con diversas actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocal
A-
A+

Coincidindo co 25 aniversario da apertura da Biblioteca Pública Municipal de Catoira, no mes de abril púxose en marcha un programa de animación á lectura no que están a participar 11 nenos e nenas de entre 3 e 7 anos. A Biblioteca informa que aínda hai prazas dispoñibles.

As actividades desenvólvense os venres de 17:30 a 18:30 horas. A primeira xornada, que tivo lugar o venres pasado, centrouse nos contos de príncipes e princesas. Mañá organizarase unha “Busca do tesouro” entre os andeis da biblioteca e a vindeira semana os nenos/as conmemorarán o 23 de abril, Día Internacional do Libro.

Outro mes con especial vinculación co mundo dos libros é o de maio. A Biblioteca acollerá o venres 3 unha actuación de contacontos de Raquel Queizás chamada “Historias na maletra”.

A BPM de Catoira tamén colabora coa Plataforma Cultural Galega na organización dun “Percorrido poético pola ribeira do Ullán” dedicado a Faustino Rey Romero, que se celebrará o sábado 4 de maio.

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Escola Municipal de Teatro representará ó aire libre dous textos de Roberto Vidal Bolaño: “Cochos” e “Bailadela da morte ditosa”. Trala actuación, a Banda de Música Municipal ofrecerá un concerto no Edificio Felipe Aragunde.

18 de abril de 2013 | 16:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.