A Biblioteca de Neda, recoñecida no programa María Moliner do Ministerio de Cultura
O proxecto “Bookcrossing: liberando libros por terra, mar e aire”, posto en marcha o ano pasado pola Concellería de Cultura e Educación de Neda, recibiu unha mención na XV Campaña de Animación á Lectura María Moliner. Un programa, este último, do Ministerio de Educación e a FEMP que recoñece as mellores iniciativas de fomento da lec-tura que levan a cabo as bibliotecas de municipios con menos de 50.000 habitantes. Deste xeito, e grazas a esa mención, a Biblioteca Municipal recibirá tamén un lote de 180 libros –todos eles novidades editoriais-.
“Bookcrossing: liberando libros por terra, mar e aire” constitúe un novidoso proxecto dirixido aos lectores máis novos iniciado no ano 2012 e con continuidade neste exercicio. A través do mesmo, e coa supervisión do equipo do centro de lectura, os rapaces liberan libros e, a poste-riori, coñecen na propia biblioteca as “viaxes” das publicacións “liberadas” na primeira fase. Un percorrido que poden visualizar a través dos ordenadores, xa que neles se van almacenan-do os puntos nos que se toman e entregan os libros.











