A Biblioteca celebra o Día do Libro Infantil con xogos e obradoiros para os máis pequenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal
A-
A+
Rapaces participantes

Rapaces participantes

A Concellería de Cultura vén de festexar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se conmemora mañá día 2 de abril coincidindo coa efeméride do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, famoso polos seus contos infantís. O Concello decidiu adiantar a hoxe a celebración desta data aproveitando que os escolares non teñen clase “dedicándole más tiempo a las actividades y, al mismo tiempo, favoreciendo la conciliación laboral y familiar” tal e como explica a edil de Cultura, Begoña Alonso.

As actividades tiveron lugar esta mañá na Biblioteca de San Ciprián, onde unha quincena de nenos e nenas de educación infantil participaron en obradoiros e xogos relacionados co conto O Rei León. Unhas actividades que consistiron na lectura do libro e en colorear debuxos das personaxes da historia, que ao remate foron colocados nun mural que permanecerá exposto na Biblioteca da vila durante esta semana. Ao mesmo tempo, as instalacións estiveron decoradas con motivos relacionados coa selva, o emprazamento no que se desenvolve a historia do Rei León.

A edil de Cultura destaca que os pequenos e pequenas “pasaron una mañana entretenidos y realizando actividades relacionadas con los cuentos, por lo que el objetivo de acercarlos a los libros y a la biblioteca combinando la diversión con el aprendizaje y la lectura se ha cumplido”.

O Concello abrira antes das vacacións de Semana Santa o prazo de inscrición para esta actividade, da que se informou ás familias a través dos centros educativos do municipio “para asegurarnos de que todos los niños y niñas tenían acceso a esta convocatoria” remata Alonso.

1 de abril de 2013 | 16:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.