A biblioteca activa “Sementando lectura” que conmemora o Día do Libro premiando aos socios
A Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre, en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística, pon en marcha durante este mes a campaña “Sementando lecturas”. A proposta busca premiar os lectores orteganos con motivo da próxima conmemoración do Día internacional do Libro. O centro pretende con esta iniciativa recompensar a fidelidade dos seus socios/ás.
“Sementando lecturas” baséase fundamentalmente no sorteo de dous lotes de publicacións en galego entre os veciños lévense en préstamo á súa casa unha obra no período que vai dende hoxe ata as 17:00 horas do 23 de abril. Polo tanto, este concurso está aberto aos máis de 2.000 socios do centro cultural.
Ademais de efectuarse dentro do prazo sinalado, só poderán optar a premio os que soliciten en préstamo libros, quedando excluídos tanto os fondos audiovisuais existentes como as publicacións periódicas. Finalmente, as bases do sorteo fixan que a cada asociado se lle entregará un máximo dunha papeleta ao día, que deberá cubrir e depositar na urna colocada para este fin.
En total, a dirección do centro ten previsto rifar un total de senllos lotes de libros, un con títulos infantís e outro para o público xuvenil e adulto. O sorteo terá lugar a tarde do Día Internacional do Libro.











