A bailarina mosense Patricia Martínez conságrase campiona de España por séptima vez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalLocal PortadaMos
A-
A+
Patricia Martínez durante unha competición

Patricia Martínez durante unha competición

O pasado domingo, 14 de abril, a bailarina mosense Patricia Martínez e a súa parella, Adrián Esperón, lograron proclamarse novamente campións de España de Baile Deportivo Modalidade Standard, revalidando o título de campións de España xa por séptima vez. O campionato celebrouse no Pavillón Século XXI da localidade de Zaragoza.

Tras gañar o Campionato de España de Baile Deportivo 2013, Patricia e Adrián partirán o vindeiro venres, 19 de abril, cara a Aarhus, Dinamarca, onde o sábado día 20 competirán no Campionato de Europa de Baile Deportivo Modalidade Standard.

Campionato de España

Na máxima categoría deste deporte, a parella formada por Patricia Martínez e Adrián Esperón, logrou erixirse unha vez máis vencedora do Campionato de España de Baile Estándar.

Da organización do evento deportivo celebrado a pasada fin de semana encargouse a Federación Española de Baile Deportivo, coa colaboración de Concello de Zaragoza, Goberno de Aragón e Consello Superior de Deportes.

Durante os dous días de competición nos que se prolongou o Campionato asistiron 6.000 espectadores, afeccionados ó mundo do Baile de toda a xeografía española.

Participaron un total de trinta parellas. As eliminatorias empezaron dende oitavos de final chegando ás 21:30 horas da noite con 6 parellas que disputaron unha final cun elevado nivel e moi igualada entre as parellas, como a si demostraron as puntuacións finais.

Finalmente a mosense e o seu compañeiro revalidaron o seu título de campións de España, sendo esta a sétima vez que Patricia e Adrián vencen nun Campionato nacional, o último lográrono o pasado mes de febreiro na cidade de Valencia.

16 de abril de 2013 | 15:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.