A Aula Cemit de Tomiño ensina cómo organizar unha viaxe ou facer trámites bancarios a través de internet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaTomiño
A-
A+

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Tomiño celebrará 11 cursos ao longo do mes de maio.

Con motivo do Día de Internet (e da Sociedade da Información) que se celebra o vindeiro 17 de maio, terá lugar entre os días 14 e 16 de maio un curso sobre “Organización de viaxes por Internet”, un tema acorde con estas datas e que pode axudar a atopar un destino para as vacacións de verán.

Tamén con motivo deste Día Mundial de Internet, realizarase o curso “Opera co teu banco a través da internet”, no que se abordarán as vantaxes que ofrece a banca por Internet, xeitos de identificar un sitio seguro para realizar as transaccións económicas e principais servizos que ofrecen as entidades bancarias a través da Rede.

Os cursos están abertos a todos os públicos e son totalmente gratuítos, existindo tamén a posibilidade de impartilos para asociacións e colectivos, que poden consultar a programación de cursos para os seus membros.

Por outra banda, no mes de maio celebraranse varios cursos de alfabetización dixital, dirixido aos socios da Asociación Veciñal O Árbol, de Vilachán e á Asociación Veciñal Perpetuo Socorro, de Vilameán.

“Con todos estes cursos preténdese formar aos alumnos non só a nivel de alfabetización dixital, senón tamén ofrecerlles módulos máis especializados para ampliar e mellorar a súa formación dixital”, sinala Daniel Ozores, técnico da Aula CeMIT de Tomiño (sita no Campo da Feira).

Para obter máis información ou rexistrarse nestas actividades formativas, pódese consultar a páxina da rede CeMIT (www.cemit.xunta.es) ou pórse en contacto co responsable da aula en Tomiño, a través do teléfono 986623304, ou do correo electrónico cemit.tomino@xunta.es

30 de abril de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.