A Asociación de Empresarios do Val Miñor crea a Asociación Hostaleira de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

Dende a Concellaría de Comercio e Turismo, que dirixe Paula Bouzós, infórmase de que a Asociación de Empresarios do Val Miñor (Ovalmi), vén de crear no municipio a “Asociación Hostaleira de Gondomar”, co propósito de fomentar a hostalaría do lugar; obxectivo para o que contará coa colaboración do Concello.

Dende a Asociación darase a coñecer a hostalaría de Gondomar mediante a celebración de diversos actos ao longo do ano e a súa promoción a través de diversos medios de comunicación, pancartas, cartelería, etc…

Os locais do municipio que así o desexen tamén poderán adherirse a estas actividades participando nas diferentes celebracións organizadas pola asociación.

A primeira cita programada pola Asociación Hostaleira de Gondomar será os días 17, 18 e 19 de maio co I Certame da Empanada.

23 de abril de 2013 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.