A asociación “Asomamos” organiza unha viaxe a Fátima para o mes de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+

A Asociación de Maiores e Pensionistas de Mos, Asomamos, informa da vindeira celebración dunha excursión dunha fin de semana de duración a Fátima, Portugal.

A viaxe realizarase durante os días 25 e  26 de maio e durante a mesma visitarase a Basílica Santuario de Nosa Señora de Fátima, así coma os mosteiros de Alcobaça, Batalha, Tomar, etc.

O prezo da excursión ascende a 96 euros por persoa con todo incluído. Os interesados en obter máis información sobre esta viaxe ou reservar praza para a mesma poden dirixirse ós seguintes números de teléfono: 986 33 41 67 e 679 037 299. O número de prazas dispoñibles é limitado.

5 de abril de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.