A 9ª edición da Festa da Lingua acollerá a participación de 600 escolares n Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

Esta mañá presentouse a 9ª Edición da Festa da Lingua que organiza a Federación de Escolas Católicas de Galicia. A festa, que será este  mércores día 10, é o segundo ano que se vai a celebrar en Ourense, tras o éxito da edición pasada, onde participaron máis de 500 rapaces e rapazas.

Na presentación estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, a coordinadora dos equipos de normalización, Reme Forneiro, o representante da Federación de Escolas Católicas, Irmán Reboiras, e Manoli Maceda en representación do departamento de Normalización Lingüística da Xunta. A festa terá lugar no Auditorio Municipal entre ás 10.00 h e as 13.15 h, e nela os escolares gozarán dunha xornada que inclúe obradoiros de ilustración, escritura e música, así como maxia e animación co grupo Amencer.

Esta festa da Lingua tamén aproveitase como final ao Premio Literario Frei Marín Sarmiento, organizado tamén pola Federación de Colexios Católicos, e que consiste en que os alumnos e alumnas lean dous ou tres libros durante o curso, e os puntúen. Ao autor do libro con maior puntuación entrégaselle o premio.

Nesta festa participarán os seguintes Colexios: Mairaflores de Pereiro de Aguiar, Josefinas, Salesianos, Carmelitas, Martistas, Divina Pastora de Ourense, e o Sagrado Corazón do Carballiño.

8 de abril de 2013 | 15:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.