6 viais do Concello de Cerceda beneficiaranse de melloras financiadas pola Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaProvincias
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinou esta mañá co alcalde de Cerceda, José García Liñares, o convenio que formaliza a achega de financiamento provincial para a reparación e arranxo de fochas en diversos camiños do municipio.

O proxecto contempla actuacións no pavimento de seis camiños municipais coa mellora da capa, a reparación de imperfeccións na calzada, imprimación de rego asfáltico e posterior rego de selado. As actuacións terán lugar no camiño do Vilar Bello, Camiño do Carballal á estrada Cerceda-A Silva, Camiño de Pontoxo,Camiño da Trigueira, Camiño a zona de Xalo e Camiño de Gosende a Buzarelos.

A achega provincial, aprobada no pleno de marzo por unanimidade, ascende a 40.000 €, o que supón o 80% do total do orzamento previsto para esta actuación.

8 de abril de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.