521 Aniversario da Firma das Capitulacións dos Reis Católicos e Colón en Baiona
Baiona participa o próximo fin de semana na celebración do 521 Aniversario da Firma das Capitulacións entre os Reis Católicos e Cristóbal Colón, contrato no que se recollen as condicións que rexerían a primeira viaxe das carabelas Pinta, Nena e Santa María. Os actos de exaltación desenvólvense na cidade irmá de Santa Fe da Veiga de Granada.
Á delegación institucional composta por varios concelleiros acompáñalle unha vintena de músicos gaiteiros pertencentes á Asociación Cultural A SENEIRA de BAIONA. O desprazamento enmárcase no programa de intercambios culturais e deportivos que realizan ao longo do ano entre ambas as dúas localidades. As relacións entre Pobos Irmán, están coordinadas e dirixidas polo concelleiro Raúl Costas Lafuente.
A Asociación Cultural A SENEIRA de BAIONA está formada por 21 membros que actúan baixo a dirección do mestre José Carlos Estévez. Foi constituída en 2007 e dedícase a expandir, dar a coñecer e ensinar aos que o demanden, o folclore galego a través das clases de gaita e percusión tradicional.
A maioría das actividades que levan a cabo céntranse na organización e participación de actos e eventos que se realizan no propio municipio de Baiona, aínda que en ocasións como a que nos ocupa se desprazan para dar a coñecer as raíces e a música tradicional galega.
Entre as colaboracións con máis repercusión que figuran na súa traxectoria destaca a gravación dun documental da NATHIONAL GEOGRAPHIC, FESTA DÁ ARRIBADA, FESTAS PATRONAIS ETC











