publicidade hoxe

2º Torneo de Xadrez Concello de Muxía coa Igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalMuxía
A-
A+

O 28 de abril de 2012, tivo lugar en Muxía, o 1º Torneo de Xadrez Concello de Muxía valedoiro para o VII CIRCUÍTO GALEGO DE XADREZ PROMOCIÓN 2012. Nesta festa deportiva, que se prolongou o longo de toda a xornada, participaron un total de 127 deportistas distribuídos nas categorías de : sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e absoluta (maiores de 15anos).

Nesta ocasión, a intención da organización, é superar este número de participantes mantendo a filosofía coa que naceu este tórneo  na Vila da Barca. A promoción do xadrez na bisbarra  segue a ser o noso principal obxectivo, xunto co fomento da participación feminina, pois consideramos o xadrez, polas súas vantaxes psíquico físicas e sociais, un medio ideal para conseguir esta mellora na participación paritaria.

Este ano, ademais dos xadrecistas, poderán gozar de Muxía os seus acompañantes, pois está prevista una ruta guiada polos lugares de interese da Vila, como o o museo e a praza do voluntariado en honor aos voluntarios da catástrofe do petroleiro Prestige,  os secadoiros de congro,  o Santuario da Nosa Señora Da Barca, os restos da barca de pedra na que a virxe se acercou a Muxía, a Pedra de Abalar e a pedra máxica dos Cadrís que cura o mal das costas, a Fundación e a casa do poeta muxián D. Gonzalo López Abente,  ademais de puntos de interese paisaxístico e cultural do pobo.

Durante o desenrrolo da competición poderase apreciar a artesanía muxiana nos distintos postos de información que se disporán para goce dos asistentes.

Tamén destacamos a presenza do Gran Mestre de Xadrez Ivan Salgado, actual Campión iberoamericano de xadrez e Campión universitario, e o tamén Gran Mestre de xadrez David Lariño, que participarán na presentación do torneo xunto coas responsables do Centro de Información a Muller do Concello e o Señor Alcalde de Concello de Muxía Don Félix Porto Serantes.

Haberá trofeos artesanais  para os cinco primeiros clasificados de cada categoría.

Todas as actividades que conforman a xornada serán de carácter totalmente gratuito.

DATOS DO TORNEO

Organizador do Torneo: Concello de Muxía e Club Xadrez Cabo Touriñán
Colabora: Asociación de Hostaleiros do Concello de Muxía.
Data: Sábado, 27 de Abril de 2013
Lugar de xogo: Pavillón municipal de Muxía.
Categorías: Sub-8 “Promesas” (nados nos anos 2005 e posteriores)
Sub-10 “Benxamín” (nados nos anos 2004-2003)
Sub-12 “Alevín” (nados nos anos 2002-2001)
Sub-14 “Infantil” (nados nos anos 2000-1999)
Absoluta.

Sistema de xogo: Suízo a 7 roldas ( en caso de poucos xogadores nalgunha categoría faranse 6 roldas) elaborado con programa informático. Non se admitirán reclamacións nos emparellamentos, agás erros na introdución de resultados.

Ritmo de xogo: sub-8 e sub-10: 20 minutos a finish. Sub-12, Sub-14 e Absoluto: 15 minutos máis 5 segundos de incremento.

Horario de xogo: Presentación e confirmación de xogadores 10:30 horas.

1ª rolda: 11:00 horas 2ª rolda: 12:00 horas
3ª rolda: 13:00 horas 4ª rolda: 16:00 horas
5ª rolda: 17:00 horas 6ª rolda: 18:00 horas
7ª rolda: 19:00 horas

Clausura e entrega de premios as 20:00 horas.

Inscricións: Enviando un correo a xadrezmuxia@hotmail.es ou chamando ó número: 620039243.

NOTA IMPORTANTE: Cá inscrición, os pais ou titores autorizan á organización a realizar fotografías individualmente ou en grupo a todos os participantes menores de idade, e publicalas en calquera medio de comunicación.

Desempates: 1º Bucholz Brasileño-1. 2º Bucholz total. 3º Progresivo ata as últimas consecuencias.

Xogadas ilegais: Tres xogadas ilegais suporán a perda da partida. Darase 1 minuto de tempo por cada xogada ilegal ao rival pero so cando lle queden menos de 3 minutos de tempo no reloxo.
Inicio da partida: Á hora indicada para o inicio da rolda poñeranse en marcha os reloxos e o tempo permitido de retraso será ata a caída da bandeira.

Un xogador que non comparece a súa partida sen causa xustificada será dado de baixa no torneo. Se algún xogador non vai disputar algunha rolda deberá comunicalo con tempo suficiente o árbitro do torneo.

25 de abril de 2013 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.