2 cursos e a exposición “Querido Balbino” centran a actividade cultural en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPalas de Rei
A-
A+

O martes daba comenzo un curso de informática na Biblioteca Municipal de Palas de Rei. Trátase dun curso de iniciación a internet para maiores de 50 anos, de 20 días de duración. Tamén, o pasado martes 2 de abril, daba comenzó un curso de galego, o Celga II, nas instalacións da Casa de Cultura de Palas de Rei. Dito curso impártese de 18:30h a 21:00h os: luns, martes, mercores e xoves; mentres, que en maio as clases serán os: luns, martes e mércores no mesmo horario. En xuño terá lugar o examé oficial.

O vindeiro martes 9 de abril está previsto que o escritor Xosé Neira Vilas inaugure en Palas de Rei a exposición itinerante “Querído Balbino”. Dita exposición poderase ver no Salón de Actos do Concello de Palas de Rei dende o martes ata o venres da semana que ven, logo de estar en outras localidades pertencente a Rede de Normalización lingüistía (integrada polos concellos de Melide, Santiso, Toques e Palas de Rei) como é o caso de Melide. A exposición “Querido Balbino” céntrase nos relatos recollidos na novela Memorias dun Neno Labrego(1961) que afonda na realidade da terra e da aldea galega. Nela, o autor conta desde unha óptica dun neno (Balbino) a vida dun neno sumerxido nun mundo cerrado, nunha aldea do interior de Galicia ata cando se ve obrigado a emigar.

3 de abril de 2013 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.