Xuventude facilita a obtención do certificado de manipulador de alimentos a 25 desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Xuventude pon en marcha unha nova iniciativa de formación tendente a facilitar o acceso ao mercado laboral dos mozos e mozas que se atopan no paro. Nesta ocasión faino facilitando a 25 desempregados a obtención do certificado oficial de Manipulador de Alimentos, acreditación que lles permitirá acceder con máis facilidade a diversos postos de traballo relacionados co sector da alimentación: hostalaría, comercio de comestibles, carnicerías, charcuterías, pesca e marisqueo, industrias transformadoras, agricultura, para traballar nun comedor escolar, etc…

Para obter este carné de Manipulador de Alimentos, o departamento que dirixe Francisco González organiza un curso sobre Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos que se desenvolverá o venres, 19 de abril no seminario 1 do Auditorio en horario de 17:00 a 20:00 horas. A participación é gratuíta e os únicos requisitos que deberán cumprirse para poder participar son estar empadroados en Vilagarcía, ter entre 16 e 35 anos e atoparse en situación de desemprego. O curso será impartido por un Enxeñeiro Técnico Agrícola e da Industria Agraria e Alimentaria da empresa ENATOP Enxeñería e Servizos, unha entidade de formación autorizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública. O profesional é ademais licenciado e Ciencias e Tecnoloxías dos Alimentos. Os alumnos recibirán toda a documentación relativa ao curso e, ao final da actividade, expediráselles o pertinente carné individual que os acredita como Manipulador de Alimentos.

O prazo de inscrición ábrese o luns 25 de marzo e as solicitudes poderán presentarse no Rexistro do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata o 15 de abril, incluído. O formulario pódese recoller nas dependencias da Concellería ou imprimir a través do taboleiro de anuncios da web municipal. Xunto co formulario de solicitude deberán presentar fotocopia do DNI e da tarxeta de demandante de emprego.

25 de marzo de 2013 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.