Xuventude e “As Canellas” convoca o I Certame de Relato Curto sobre a Santa Compaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense, en colaboración coa Asociación Cultural Xuvenil “As Canellas”, presentaron esta mañá a convocatoria do primeiro Certame de Relato Curto, no que poderán participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos de idade.  As obras deberán ser orixinais, inéditas e escritas en galego, e versarán sobre a lenda popular da Santa Compaña.

A proposta, que foi presentada esta mañá no Salón de Plenos pola concelleira de Xuventude María Devesa, David Rodríguez, presidente da Asociación As Canellas e Miguel Doval, presidente da Asociación Anacos da Cidade, ten como finalidade promover a creación literaria entre a mocidade ourensana, incentivando a súa implicación, imaxinación e creatividade na elaboración deste tipo de narracións curtas.

No concurso serán establecidas dúas categorías por idade: a xuvenil (para mozos entre 12 e 17 anos), e a adulta, para maiores de 35 anos. Os premios, diferenciados por categorías, constarán dun primer premio dunha tablet, e un segundo cun lote de libros, no caso da categoría xuvenil; e dunha tableta e un libro, no caso da categoría adulta.

Tódolos interesados en participar na iniciativa teñen de prazo ata o día 15 de abril para presentar os seus relatos, mediante o correo ordinario da dirección Asociación “As Canellas”, rúa Abelardo Arce Mayora nº 24, Seixalbo, Ourense.

Baseándose na lenda popular da Santa Compaña, as características técnicas a cumplir son as seguintes: extensión de 3 a 8 páxinas, a dobre espazo, cunha fonte de tipografía Arial, tamaño 12.

As obras presentaranse sin identificación do autor, facendo constar o título ou lema da narración e a categoría á que se opta. Deberán ir acompañadas cunha ficha cos datos do autor nun sobre diferenciado, e os menores de idade deberán levar unha autorización do pai/nai ou tutor.

Os orixinais deberán enviarse por duplicado, debidamente encadernados ou grampados e metidos nun sobre tamaño folio, á Asociación “As Canellas” – Rúa Abelardo Arce Mayora, nº 24, Seixalbo – Ourense, facendo constar na cara do sobre que concorren ó I Concurso de Relato Curso “As Canellas” 2013 e a categoría a que se presenta. Cada orixinal deberá ir identificado co seudónimo e o título do relato.

Existirá un segundo método para o envío dos relatos. O orixinal poderá depositarse en calquera das localizacións detalladas nos seguintes puntos:

Prink Ourense – Avda. da Habana nº 2

Matiz Instrumentos Musicais – Avda. de Zamora nº 49

Local Asociación Veciños Seixalbo – Rúa Abelardo Arece Mayora nº 24

Orixe Publicidade – Rúa Francisco de Moure nº 20

Café Cultural Auriense – Praza do Correxidor nº 11

Concellería de Xuventude – Praza San Martiño nº 2 – baixo

Para máis información e consulta das bases completas, pódese acceder ao seguinte link: http://ascanellas.narede.gl

18 de marzo de 2013 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.