publicidade hoxe

XIII Xantar de Confraternidade da 3ª Idade 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalCalendarioLocal
A-
A+
Balbina Lojo na presentación do acto

Balbina Lojo na presentación do acto

Presentouse na sala de xuntas do concello da Pobra do Caramiñal a XIII Xantar de Confraternidade da 3ª Idade 2013.

A concelleira de servizos sociais Balbina Lojo, informou do programa que se levará a cabo o 3 de maio día da Confraternidade, que comenzará as 12:00 h do mediodía coa recepción de autoridades no concello da Pobra para logo seguir cunha misa solemne na Igrexa do Santiago do Deán no Castelo, oficiada por D. José Soneira e cantada polo coro Lauda Sión.

Contaráse coa presenza da conselleira Beatriz Mato entre outras autoridades e empresarios.

Este ano amenizará a orquestra Suavecito.

O prezo por persoa é de 15 euros.

Todas aquelas persoas maiores de 60 anos que queiran asistir o Xantar de Confraternidade da 3ª Idade, tanto da Pobra coma doutros lugares da comarca teñen que anotarse nas oficinas do concello en horario de 9.00 a 14:00 h e preguntar por Lola.

O evento será servido pola empresa Chicolino no polideportivo municipal de Venecia da Pobra do Caramiñal.

26 de marzo de 2013 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.