Volven os Cantos de Taberna este venres na Estafeta e Contribución

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

A segunda actuación dos Cantos de Taberna adiántase este mes a mañá, 22 de marzo (son sempre os últimos venres de mes) con motivo da Semana Santa. Nesta ocasión o grupo Maravallada, que organiza esta programación xunto á Concellaría de Festas que dirixe Carme da Silva, estará acompañado do grupo de música tradicional Adonairare e cantará nos locais Contribución e Estafeta de 21.00 a 00.00 horas.

Cabe lembrar que entre as novidades desta segunda edición está reducir de tres a dous locais nos que se actúa pola noite, a petición das
persoas que participan nestas sesións dado que cando comeza a animarse a noite, o grupo tiña que cambiar de establecemento.

As vindeiras sesións serán:

– 26 de abril: Lareira e Rebusco

– 31 de maio: Timón e Pasaje

– 28 de xuño: Reixas e A Navarra

21 de marzo de 2013 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.