Visto bo á encomenda de xestión ao Concello do Claustro Gótico de San Francisco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Comisión de Pleno do Concello de Ourense, na súa sesión desta mañá, ditaminou favorablemente tres propostas de acordo que serán presentadas a aprobación por parte do Pleno do Concello o primeiro venres de abril, día 5. As tres propostas foron incluídas cos votos favorables de PSdeG e BNG, e as abstencións de PP e DO:

-Convenio entre a “Sociedad Estatal de Gestión Inmobiliaria de Patrimonio, S.A.” e o Concello de Ourense de cesión en uso ao Concello da planta baixa do edificio da antiga sede do Banco de España. Trala concesión de licencia de apertura para o Banco de España no mes de xaneiro, o seguinte paso, que se dará no próximo Pleno, será a sinatura dun contrato de cesión ao Concello da pranta nobre do inmoble para usos múltiples. Este punto xa estaba previsto polo protocolo e posterior convenio con SEGIPSA asinado en 2011, e polo cal se cedía o uso da pranta baixa ao Concello durante 25 anos.

-Convenio de colaboración entre a Xerencia de Infraestruturas e equipamentos do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes co Concello de Ourense, para a encomenda de xestión do Claustro Gótico de San Francisco. Mediante este convenio, o Concello de Ourense asumirá a xestión de apertura, vixilancia e mantemento do claustro, que constitúe unha das pezas máis relevantes do patrimonio histórico-cultural da cidade.

-Incoar de oficio o expediente de revisión do Acordo Regulador das condicións de traballo para os empregados públicos do Concello de Ourense.

22 de marzo de 2013 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.