Visita da delegada Raquel Arias ao stand de Sober

Raquel Arias co rexedor de Sober
A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou o stand promocional que o Concello de Sober ten na mostra gastronómica ‘Xantar’ en Exporense. A delegada estivo acompañada polo alcalde, Luis Fernández Guitián. O Concello de Sober está a promocionar o municipio e tamén a XXXIII Feira do Viño de Amandi, que se desenvolverá o 16 e o 17 na praza do Concello.











