Visita ao Obradoiro de Emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Visita ao Obradoiro de Emprego

Visita ao Obradoiro de Emprego

O alcalde do Carballiño, xunto coa edil de Industria, o tenente alcalde e o edil de Facenda, visitaron os alumnos do Obradoiro de Emprego, que estaban a realizar os traballos da nova pérgola que se instalará na zona da Pista Vermella. Durante a visita puideron comprobar o avanzado deste proxecto, que posiblemente poida estar instalado xa na primeira semana do mes de abril.

Esta nova estrutura, realizada toda ela en forxa, con teito de cristal, instalarase nunha zona próxima á actual escultura da emigración, o Munten, ofrecendo un lugar aos veciños e visitantes, onde poder resgardarse tanto da chuvia coma da calor, ao estar prevista unha zona de inverno e outra de verán.

Durante a visita os edís tamén puideron comprobar o traballo que están a realizar os alumnos do obradoiro na elaboración de mobiliario urbano, como xardineiras e bancos, que se instalarán pola vila nas próximas semanas.

19 de marzo de 2013 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.