Vila de Cruces liquida o orzamento de 2012 con máis de 260.000 € de superávit

Concelleiro de Economía
Según manifestou o Concelleiro de Economía do municipio cruceño, o ente local liquidou o orzamento de 2012 cun remanente de Tesourería positivo de máis de 260.000 €.
En palabras do propio edil responsable das contas locais, esta circunstancia debeuse a que nos últimos anos realizouse un axuste do gasto, priorizando naqueles servizos e inversións básicas e controlando estrictamente o estado das distintas partidas do orzamento.
Como apunta Manuel Souto, Concelleiro de Economía, no ano 2009 existía un remanente negativo de 105.000 €, o que conlevou que o goberno municipal puxese en marcha un Plan de Axuste xeralizado destinado a equilibrar as contas municipais. Froito deste Plan de Axuste, no ano 2010 o remanente negativo xa se reducira a pouco máis de 55.000 €, e no ano 2011 o remanente negativo apenas alcanzaba os 9.000 €.
Neste senso o goberno municipal está á espera de poder ver en que se investirá este remanente do 2012, xa que é previsible que unha porcentaxe destes 260.000 € teña que ser destinada de xeito obrigatorio á amortización de préstamos.
Souto enfatiza “unha xestión adecuada e eficaz do goberno municipal”, demostrada polo feito de que Vila de Cruces mantén un nivel baixo de endebedamento, paga os servizos ao día e diminuíu drásticamente o déficit orzamentario nos últimos exercicios económicos, ata o punto de alcanzar un alto remanente positivo unha vez executado e pechado o pasado orzamento do 2012.











